Campamentos e Campus

OGMIOS ten claro que un campamento ou campus educativo debe ser, para o grupo ao que vai dirixido (infantil ou xuvenil), unha experiencia de vida en contacto coas persoas e o entorno, organizada e dirixida por educadores, para axudar ao perfeccionamento integral dos compoñentes desa comunidade, nun clima caracterizado pola alegría e o espírito de cooperación, pero sempre baixo as necesarias garantías para a seguridade e a saúde física do grupo.

Proxectos adaptados

Diseñamos proxectos de campamentos según as necesidades dos nosos clientes. Dinos cal é a túa idea e nos axudámosche.

“Un campamento ou campus é en Ogmios unha actividade de convivencia, onde o entorno xoga un papel fundamental, con fins educativos e de formación integral da persoa.”
“Vai máis alá que as propias actividades (de aventura ou visitas a lugares naturais, deportivas, musicais…). Responde, entre outras cousas, ao concepto de educación permanente como unha necesidade en todas as idades e etapas da vida.”
“Mediante xogos e dinámicas de grupo, fogóns, xogos animación e de interpretación ambiental, actividades musicais, etc. Ogmios busca o crecemento de todos os que participan na actividade, sexan estes alumnos ou mestres.”

O proxecto dun campamento ou campos educativo elabóranse en Ogmios coa intención de ofrecer aos alumnos un contacto directo coas persoas e co medio físico e natural a partir do coñecemento deste e as súas posibilidades, propiciando o desenvolvemento das habilidades e técnicas necesarias para desenvolverse nel. 

Para a realización dos proxectos buscamos que os alumnos aprendan a valorar o medio onde se leva a cabo, pero tamén que teñan a capacidade de convivencia, a organización de tarefas grupais e individuais, medidas de precaución, protección e seguridade e certo grao autonomía.

A práctica de actividades comúns no entorno e no medio natural, teñen un lugar importante na planificación dos proxecto, xa que isto lles permite:

-Maior coñecemento e aproveitamento dos recursos do medio.

-Maior coñecemento da súa interacción con este.

-A posibilidade de adaptación das súas capacidades motoras en habilidades e destrezas diferentes.

  • Adquirir nocións das diferentes circunstancias de campamento ou campus, aprendendo a utilizar e manter os diversos elementos empregados e incorporar habilidades e experiencias útiles para a vida cotiá.
  • Mellorar o desenvolvemento físico e a saúde, adquirindo destrezas para desenvolverse en distintos terreos, sen desestimar a apreciación de valores estéticos.
  • Desenvolver a imaxinación e a creatividade na apreciación e manifestación de aspectos estético-expresivos, divertíndose e recreándose.
  • Desenvolver o espírito de colaboración e socialización, mediante a aceptación de normas de convivencia fóra do ámbito familiar.
  • Adecuarse e adaptarse temporalmente ao entorno e a o novo medio natural, soportando e vencendo obstáculos de aclimatación.
  • Participación responsable e comprometida en actividades na natureza, preservando o medio natural.

Algún dos nosos campamentos

Galería fotográfica dos nosos campamentos

Ao Redor da Natureza

Un proxecto de Ogmios Galicia feito realidade en colaboración coa USC e que hoxe é desenvolto en outros entornos educativos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
Translate »