Onte en rolda de prensa no AULA FORUM DEZAE,  Alex Badas (Ogmios Galicia), o Alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, Andrés Bahillo, director de Pontiñas CC y de Ocio Gadis entre outros, presentaron a axenda de eventos da Campaña de Nadal.

CONCERTOS DE NADAL.

Un dos pratos fortes da campaña de Nadal é a axenda de eventos deseñado polo centro comercial e que amenizarán as tardes daqueles que queiran participar da iniciativa, sempre ás 19 horas, e no FORUM DEZAE de Pontiñas CC e de Lecer Gadis, fóra dos concertos do 23 de decembro e 3 de xaneiro.
O cartel é o seguinte:

  • CORO MÚSICA VIVA DE CARBALLIÑO. Día 13, ás 19:00 h.
  • CORAL DE LALIN. Día 20, 19 horas.
  • BANDA XUVENIL DE LALÍN E CORO INFANTIL LUÍS AREÁN. Día 23, 19 horas.
  • CORAL POLIFÓNICA AGOLADA. Día 27. de decembro, 19 horas.
  • GRUPO DE PERCUSIÓN ODAIKO (concerto didáctico e taller de percusión). Día 3 de xaneiro ás 19 h.

V ZUMBATHON BENEFICO A favor DO MENCER. 19 de decembro, 19 horas.

Unha nova edición da exhibición da modalidade de zumba na zona de lecer do centro comercial. Apoiada polo apoio de monitores e monitoras vindos de distintos sitios de Galicia.

EVENTOS INFANTÍS DE NADAL.

ACTIVIDADES CON PAPA NOEL:

OBRADOIRO DE PAPA NOEL. 20 de Decembro. 18h.

FESTA DE PAPÁ NOEL. 24 DE DECEMBRO, ás 16:30 h.

O día 20 de decembro desenvolverase a primeira das actividades dedicada a Santa Claus e nela, a partir das 18:00, os nenos farán postais de Nadal e outras actividades relacionadas co período do Nadal.

O día 24 de Decembro, a partir das 16:30 h celebraremos unha festa no centro comercial Pontiñas enche de música e xogos, tras a cal Papa Noel saudará a todos os nenos que veña a verlle e queiran contarlle que agasallos queren por Nadal.

Haberá talleres de pintacaras; Globoflexia; Papa Noel; choiva de globos; Máquina de Pompas e caramelos

E ademáis OGMIOS CELEBRA O SEU CAMPAMENTO MUSICAL EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!.
Xa está aberta a matrícula aos campamentos de Nadal do C.C. e de Ocio Pontiñas- Gadis. Plazas limitadas!!

Ogmios

Os comentarios están pechados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
Translate »